Menu toggle
Deportes

IMPORTANTE: O PRAZO COMEZARÁ AO DÍA SEGUINTE DA PUBLICACIÓN NO BOLETÍN DA PROVINCIA

A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios telemáticos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Lugo http://deputacionlugo.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Deputación de Lugo.

As solicitudes, ANEXOS e documentación que corresponda, deberán formularse con sinatura electrónica segundo corresponda, por presidente/a e/ou secretario/a.

De se producir presentación presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Orzamento: O orzamento de solicitude que se formule deberá concretarse de acordo ao gasto real que se estime para o periodo de execución da actividade.

Imaxe corporativa e idioma: De acordo ao previsto nas bases da convocatoria: Os clubs e entidades beneficiarias da subvención incluirán a imaxe corporativa da Área de Deportes da Excma. Deputación Provincial e empregarán o idioma galego en todos aqueles soportes que ao uso as entidades utilicen para publicitar a actividade ou adquirir o comportamento subvencionado, de acordo co establecido no artigo 7, apartados 3 e 4, da Ordenanza de Uso da Lingua Galega na Deputación de Lugo, publicada no BOP de Lugo número 212, de data 14 de setembro de 2016, e sen prexuízo de realizaren tamén os referidos soportes noutras linguas. A imaxe será cedida pola Institución Provincial.

Logotipos Vicepresidencia Deportes

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN

Toda a documentación deberá presentarse a través da sede electrónica e en formato PDF.

Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede

  • Sede electrónica

  • Subvencións

  • Subvencións concorrencia competitiva

  • Alta de solicitude

Asi mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude.

Se desexa presentar máis dunha solicitude deberá crear un expediente INDIVIDUALIZADO para cada unha delas, é dicir, crear expresamente un novo expediente para cada solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes10 días hábiles, a contar a partir do día seguinte da publicación no BOP de Lugo do extracto da convocatoria (BOP núm. 058, do xoves 12 de marzo de 2026), polo tanto remata o venres 27 de marzo de 2026.

EMENDA DE DOCUMENTACIÓN

Unha vez revisada a documentación presentada, no caso de ser preciso, enviarase un requirimento a través da sede electrónica.

Recoméndase actualizar o enderezo de correo electrónico para a recepción das notificacións.

A forma de recibir a notificación é a seguinte:

  • Recibirá un correo electrónico no enderezo de correo electrónico que teña no seu perfil da sede electrónica.

  • Entre na sede electrónica da Deputación Provincial

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/system/modules/sede/index

 

  • Identifíquese >> Carpeta cidadá >> Mis notificacións

  • Marque a notificación e indique "Recibir" ou "Deseo rechazar a documentación seleccionada"

  • A continuación asinará e aparecerá unha "certificación da documentación recibida". Para ver o requirimento deberá premer o botón FIRMAR na esquina inferior dereita.

  • Descargar e finalizar.

PRESENTACIÓN DA NOVA DOCUMENTACIÓN

  • Entre na sede electrónica da Deputación Provincial

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/system/modules/sede/index

 

  • Identifíquese >> Carpeta cidadá >> Acceder a mi carpeta

  • Seleccione o expediente e marque INCORPORAR DOCUMENTACIÓN

BASES

DOCUMENTACIÓN

Actividade competitiva federada, documentación que debe presentar:

A subvención que a Deputación Provincial pode conceder estará comprendida no intervalo establecido na seguinte táboa:  

Liña

Importe mínimo

Importe Máximo

Liña de axudas á actividade competitiva federada 

500,00 €

6.000.00 €

 

Extracto da convocatoria

Información: 982 260 263

 

carmen.culturaedeporte@deputacionlugo.org