Deputación de Lugo

Carmela López participa nun coloquio feminista para celebrar o 18 aniversario de Faro Norte

carmela lópez
ANIVERSARIO
FaroNorte

A Presidenta da Deputación, Carmela López, participou este sábado en Ribadeo nun coloquio feminista organizado por Faro Norte para celebrar o seu 18 aniversario. No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.

Participaron xunto a Carmela López outras mulleres de referencia na Mariña, como as alcaldesas de Alfoz,  Barreiros e Lourenzá, Efigenia Maseda, Ana Ermida e Rocío López; as concelleiras de Foz e Ribadeo Inés López e Begoña Sanjurjo; a Presidenta da Sucadoira, Ana Díaz; a directora do IES de Ribadeo, María Ron; ou a xornalista responsable de Faro Norte, Carmen Cruzado. Completaron o coloquio unha responsable da banca, diferentes empresarias, unha inmigrante traballadora, unha emigrante xubilada e unha docente.