Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo participa no acto conmemorativo do 47 aniversario da Constitución Española

Constitución
José Tomé Roca

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este sábado na sede da Subdelegación do Goberno en Lugo no acto conmemorativo do 47 aniversario da Constitución Española. Neste evento, no que se escoitaron os himnos galego e nacional, o mandatario provincial estivo acompañado pola Subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, o Alcalde de Lugo, Miguel Fernández Méndez, concelleiros e concelleiras do Concello de Lugo, así como outras autoridades da provincia.