Deputación de Lugo

A Deputación participa na Catedral de Lugo na misa en honra á patroa dos mineiros

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este xoves na misa con motivo da festividade de Santa Bárbara, que organiza o Colexio Oficial de Minas do Noroeste de España na honra da súa patroa. Unha cita que tivo lugar na Capela da Virxe dos Ollos Grandes da Catedral de Lugo e que forma parte da tradición histórica do sector, xa que se celebra desde os inicios da profesión para pedir protección para os mineiros, e na que se rende homenaxe aos falecidos. A misa serviu ademais como punto de encontro entre os colexiados, antigos alumnos, profesionais en activo e familias.