O Presidente recibe no Pazo de San Marcos a 38 estudantes de Murcia, Melilla e Monforte de Lemos
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este xoves no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a un grupo de 38 estudantes de Murcia, Melilla e Monforte de Lemos que están a realizar un proxecto estatal de medio ambiente do Ministerio de Educación e Formación Profesional. Os alumnos e alumnas de 3º da ESO, acompañados polos seus profesores, coñeceron o funcionamento da institución provincial, a historia do edificio e realizaron unha visita guiada polas diferentes dependencias da Deputación.
Tomé Roca deulles a benvida e puxo en valor este tipo de proxectos “que enriquecen a experiencia educativa e fomentan o respecto polo patrimonio e a conciencia ambiental”. Ademais, tamén convidou aos estudantes a aproveitar esta viaxe para coñecer “todo o que a provincia ten para descubrir”.