Cultura
Deputación de Lugo

A Deputación conmemora coa Coral Ecos do Ulla de Monterroso os seus 40 anos de traxectoria

Pilar García Porto
coral ecos da Ulloa
Monterroso

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este domingo no Centro Social de Monterroso no acto conmemorativo da Coral Ecos do Ulla que celebrou o seu 40 aniversario. O evento, que contou coa colaboración da institución provincial e reuniu aos integrantes que pasaron pola formación desde o ano 1985, incluíu un concerto homenaxe, unha entrega de agasallos e unha cea. Durante o acto, a Deputada Provincial estivo acompañada pola Presidenta da entidade, Blanca Nieves Novo Rodríguez, e numerosos veciños e veciñas da localidade, entre outras autoridades.