Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

Con Voz de Muller volve este venres ao Pazo de San Marcos para dialogar sobre sexualidade

Con Voz de Muller
A Deputación de Lugo e a Cadena SER organizan no Salón de Actos da sede provincial, ás 19:30 horas, unha nova edición deste foro que contará coa participación da directora do Instituto das Mulleres, Cristina Hernández, ou a humorista Carolina Iglesias

O Presidente da institución intervirá nesta cita que convidará a reflexionar sobre a educación afectivo-sexual nun espazo seguro e inspirador que conducirá a xornalista Sara Meijide. Para asistir será necesario retirar unha invitación gratuíta

A Deputación de Lugo e a Cadena Ser organizan este venres, 24 de outubro, ás 19:30 horas, unha nova edición do foro Con Voz de Muller. Un espazo seguro e inspirador que xirará este ano entorno á sexualidade feminina e que contará coa participación de referentes como a directora do Instituto das Mulleres do Goberno de España, Cristina Hernández, ou a humorista e comunicadora Carolina Iglesias. A cita desenvolverase no Salón de Actos da sede provincial e a entrada será de balde.

As invitacións pódense retirar no seguinte enlace: https://www.eventbrite.es/e/con-voz-de-muller-mulleres-que-inspiran-tickets-1818784636809?aff=oddtdtcreator.

O Presidente da institución provincial, José Tomé Roca, intervirá nesta cita que conducirá a xornalista Sara Meijide e na que se invitará a reflexionar sobre a necesidade de rachar estigmas e reivindicar o dereito a falar do corpo e o pracer con liberdade. O programa inclúe unha mesa redonda na que a sexóloga Estefanía Fernández e a educadora social Marta Paz reflexionarán xunto a Carolina Iglesias en torno ás cousas que nunca nos contaron sobre sexo. Vertebrará a xornada a música de Catuxa Saloom.

O programa completo:

•    19:00 horas. Apertura de portas
•    19:30 horas. Actuación musical de Catuxa Salom
•    19:35 horas. Apertura institucional
•    19:40 horas. Entrevista con Cristina Hernández, directora do Instituto das Mulleres do Goberno de España
•    19:50 horas. Proxección audiovisual. Como viven o sexo as mulleres maiores
•    19:55 horas. Entrevista con Carolina Iglesias, coñecida como Percebes e Grelos, e mesa redonda Sexo, o que non nos contaron xunto a Marta Paz e Estefanía Fernandez
•    20:40 horas. Interacción co público
•    20:45 horas. Actuación musical e entrevista con Catuxa Salom.
•    20:55 horas. Peche institucional.