Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia patrocina a 47 edición do Rally San Froilán,  que decidirá o Campionato Galego de  Asfalto

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
Deportes
Rally San Froilán
automobilismo
A gran novidade do percorrido é o treito de Samos, que acollerá por primeira vez a competición

Sergio Lozano debutará no Rally San Froilán como gañador do Volante Deputación

Este mércores presentouse a 47 edición do Rally San Froilán, que se celebrará o 18 de outubro co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación, principal apoio institucional da proba.

O rally, organizado pola Escudería Miño, disputarase con catro treitos, a dobre pasada, en Outeiro de Rei, no Corgo, en Samos e entre O Páramo e Goián (Sarria), que suman máis de 93 quilómetros cronometrado.s

O treito de Samos é a gran novidade do percorrido do Rally, que conta con 142 pilotos inscritos e que decidirá o Campionato Galego de Asfalto. Víctor Senra e Alberto Meira son os pilotos  con opcións de facerse co título galego ao final da proba que, segundo destacaron desde a organización,  reúne “a mellor lista de inscritos do Campionato”, con  tres coches da categoría World Rally Cars e sete da categoría R5.

Na súa intervención, o  vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro ratificou o apoio da institución provincial a unha proba que “converte Lugo no punto de referencia de todos os afeccionados e afeccionadas ao automobilismo galego” e que “ano a ano refrenda co seguimento nas estradas, pero tamén coa gran participación de equipos e escuderías locais, que somos unha provincia de deportes de motor”

Efrén Castro enmarcou o apoio ao rally  “nas accións de apoio  automobilismo que poñemos en marcha desde a Vicepresidencia da Deputación van dirixidas precisamente a manter esa actividade de base” e citou “a liña de axudas específica para pilotos de rally que se convoca anualmente” e “a organización, conxuntamente con PTC Escuela e co Concello da Pastoriza, do Volante Deputación, que ofrece a pilotos noveis posiblidade de participar de forma gratuíta no rally”

O acto contou coa presenza máis dunha ducia de pilotos, entres eles, Sergio Lozano, gañador da última edición do Volante Deputación, que participará na proba a bordo dun Dacia Sandero, no equipo de competición PTC Escuela.

Tamén  participaron na presentación representantes do concellos  de Lugo, Outeiro de Rei, O Corgo, O Páramo e Samos, así como da Xunta de Galiza, da Subdelegación do Goberno e da Federación Galega de Automobilismo.


Programa

O Rally comezará coa cerimonia de saída, que se celebrará o venres 17 ás 19.30 horas na Praza da Horta do Seminario. A disputa dos treitos concentrarase o sábado, segundo a cronoloxía adxunta.

Horarios