A Deputación acompaña á comunidade galega no arranque do San Froilán en Barcelona

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno, participou este venres naapertura oficial do San Froilán en Nou Barris, a gran festa galega de Barcelona que cada ano reúne a centos de persoas. A Praza Maior acolleu o pregón a cargo de José Ramón Gómez Besteiro, expresidente da Deputación de Lugo e secretario xeral do PSdeG, quen puxo en valor a unión entre Galicia e Barcelona e a forza da emigración galega en Cataluña. A continuación, López Moreno participou no izado das bandeiras galega e catalá, un símbolo que arroupou a banda de gaitas da ACG Rosalía de Castro de Cornellà interpretando os himnos de Galicia e Cataluña, nun dos momentos máis emotivos da xornada.
O San Froilán de Nou Barris continuará durante toda a fin de semana cun amplo programa cultural, musical e relixioso, no que a Deputación de Lugo estará presente apoiando á diáspora galega.