A Deputación asiste en Lugo á inauguración da mostra Tesouros da terra polo centenario da COMG
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu este martes en Lugo á inauguración da exposición Tesouros da terra: a minería galega a través do tempo, organizada con motivo dos actos conmemorativos do centenarioda Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG). A mostra, que estará exposta ata o 1 de outubro na Praza Maior da capital lucense, percorre 2.500 anos de historia mineira en Galicia a través de oito paneis divulgativos. Rivera Capón animou a cidadanía a visitar a exposición que “permite ao visitante coñecer a evolución da minería na nosa comunidade e a súa importancia histórica, económica e cultural”.