A Deputación inicia melloras en 6 vías provincias de Chantada, cun investimento de máis de 300.000€

A Deputación de Lugo vén de iniciar esta semana as obras de mellora en varios tramos de seis estradas ao seu paso polo Concello de Chantada, por un importe de máis de 300.000 euros.
A actuación incluirá o acondicionamento de máis de 8 quilómetros da LU-P-1002, que conecta a Barrela coa Tilleira, desde o quilómetro 6, á altura de Esmoriz ata o quilómetro 14. Tamén se mellorará a totalidade da LU-P-1802, que une Chantada co Encoro de Belesar, e un medio quilómetro da LU-P-1803, que vai de Camporramiro a Castro de Carballedo, á altura da parroquia de Vilaúxe. Tamén, na totalidade da LU-P-1805, que conecta Seixo e Esmoriz, e os tres últimos quilómetros da LU-P-1806, que une Garabelos con Santa Rosa, así como os primeiros 100 metros da LU-P-1818, que enlaza coa N-540 á altura da parroquia de Pereira.
As actuacións en todas estas estradas consistirán na reapertura de cunetas, a reparación de danos e a repavimentación das vías. O prazo de execución deste proxecto será de tres meses.
Esta intervención enmárcase na aposta decidida da Deputación de Lugo por mellorar a rede viaria provincial e contribuír ao desenvolvemento socioeconómico dos concellos. Trátase dunha liña de actuación prioritaria para a institución, comprometida coa conser-vación e mellora da rede viaria provincial, a máis extensa do Estado, con máis de 4.000 quilómetros de lonxitude.