Produart abre as súas portas en Burela con máis de 50 postos de produtos artesanais e ecolóxicos grazas ao apoio da Deputación

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres na inauguración da vixésimo terceira edición da Feira dos Produtos do Mar e da Terra, Artesanais e Ecolóxicos Produart. Esta cita, organizada pola Fundación Expomar e que conta cunha achega económica da Deputación de Lugo de 15.000 euros, reúne ata o domingo, 3 de agosto, a máis de 50 stands con produtos artesanais e ecolóxicos.
Cajoto Caserío destacou que a institución provincial apoia esta cita “porque combina tradición e innovación, aposta por un turismo consciente, de calidade, conectado co territorio e contribúe a construír unha economía máis xusta, máis diversa e máis sostible”. Nesta liña, recordou que “Produart é exemplo do que se pode conseguir cando traballamos da man: administracións, entidades como a Fundación Expomar, o Concello de Burela, e por suposto, todas as persoas que co seu traballo fan posible este evento”.
