O Presidente da Deputación de Lugo participa no Encontro da Toxa 2025

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este venres na clausura oficial do Encontro da Toxa - Galicia Economía Aberta, un foro de referencia no ámbito económico e empresarial que se celebrou os días 10 e 11 de xullo no Pavillón de Congresos e Exposicións da Illa da Toxa, baixo a organización de CESUGA (Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia).
O acto finalizou coa entrega do Premio Empresario Galego do Ano 2025 a José García Costas, Presidente da Cámara de Comercio de Vigo, Vilagarcía e Pontevedra.
O Encontro da Toxa congregou durante dúas xornadas a máis de 50 relatores e relatoras de prestixio, abordando cuestións clave como a sustentabilidade como vantaxe competitiva, o papel estratéxico da intelixencia económica, a internacionalización do talento ou a transformación dixital da industria galega.