A Deputación adxudica por case medio millón de euros o programa formativo E Para Dixitalizarse, Lugo
A Xunta de Goberno deste venres tamén aprobou a derradeira prórroga, por un ano máis, dos acordos relativos á concesión demanial do Mazo de Santa Comba e das instalacións provinciais en Ponte do Sil
Aprobado tamén o último trámite administrativo para o pago de dúas subvencións de case 6.000€, unha para a Comunidade de Usuarios da Auga de Louxas, da Fonsagrada; e outra para a Asociación Amigos da Feira, do concello de Castro de Rei
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo celebrada este venres aprobou por case medio millón de euros adxudicar o contrato do programa E para Dixitalizarse, Lugo. Así o informou tras a reunión a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, quen destacou que esta iniciativa“ten como obxectivo achegar as novas tecnoloxías á veciñanza, reducir a fenda dixital e fomentar a inclusión no territorio”.
O proxecto está financiado con fondos europeos captados pola Deputación ao abeiro do Reto Rural Dixital, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea, e desenvolverase ata o 20 de marzo de 2026, aínda que o 60% das accións deberán executarse antes do 31 de decembro de 2025.
Pilar García Porto explicou que “se tratadunha proposta pioneira coa que a institución provincial levará formación en competencias dixitais á veciñanza dos 55 concellos da provincia con menos de 5.000 habitantes”, quedando fóra só os municipios máis poboados: Lugo, Monforte de Lemos, Viveiro, Vilalba, Sarria, Foz, Ribadeo, Burela, Chantada, Guitiriz, Outeiro de Rei e Castro de Rei.
A programación, que será deseñada xunto coa empresa adxudicataria, incluirá 500 accións formativas centradas nas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), e estará adaptada a diferentes perfís e idades. A formación abranguerá desde o uso de aplicacións móbiles ou a banca electrónica para persoas maiores, ata contidos de in-formática básica, redes sociais ou ciberseguridade para a mocidade, persoas desem-pregadas ou emprendedoras. Tamén se ofrecerán obradoiros dirixidos a familias sobre os riscos de internet ou o uso responsable dos dispositivos.
“A posta en marcha deste proxecto demostra, unha vez máis, a capacidade do Goberno da Deputación para captar fondos europeos, que xa superan os 18 millóns de euros desde o ano 2019”, sinalou García Porto. Un investimento que “permitiu desenvolver proxectos clave contra o despoboamento no rural e a favor da modernización dos concellos, como os programas Xeopadrón ou Impulsa TIC”, engadiu.
Prórroga do Mazo de Santa Comba e das instalacións de Ponte de Sil
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou tamén este venres a derradeira prórroga, por un ano máis, dos acordos de concesión demanialdo restaurante doMazo de Santa Comba, no concello de Lugo, e das instalacións de Ponte do Sil, no concello de Ribas de Sil.
Ambos contratos teñen como data de vencemento o 5 de xullo de 2025, coincidindo co remate do período vixente establecido cos actuais adxudicatarios para a explotación destes bens provinciais. A través deste acordo, a concesión prolóngase ata xullo do 2026, garantindo así a continuidade das actividades e a valorización destes recursos patrimoniais.
Novas concesións para melloras en servizos comunitarios
Ademais, este venres tamén saíu adiante o último trámite administrativo para o paga-mento de dúas subvencións dentro do Programa para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios.
En concreto, a Comunidade de Usuarios da Auga de Louxas, no concello da Fonsagrada, recibirá 6.000€ para mellorar o abastecemento ao núcleo de Louxas – Lamas de Moreira. Pola súa banda, a Asociación Amigos da Feira, deCastro de Rei, percibirá outros case 6.000€para reconstruír un sistema de recollida de auga de afloramento natural.
Con este programa, a Deputación colabora con entidades asociativas da provincia,como agrupacións veciñais, comunidades de augas e demontes, e asociacións de gandeiros, agricultores ouprodutores forestais, para que poidan acometer obras en servizos,equipamentos e infraestruturas que melloren a calidade de vida e fixar poboación no noso rural.