Deputación de Lugo

O Centro de Formación Audiovisual da Deputación abre este luns o prazo de solicitude de matrícula para o vindeiro curso

FORMACION
Servizo de Audiovisuais
A institución provincial mantén a gratuidade da matrícula dentro da súa aposta por un ensino público e de calidade e pola igualdade de oportunidades

As persoas interesadas en formarse nos Ciclos Superiores de Produción e Realización poderán solicitar praza desde o 16 de xuño ata o 4 de xullo

O formulario de preinscrición pode descargarse na ligazón https://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/audiovisuais/home ou na sede da escola

A Deputación de Lugo abre este luns, 16 de xuño, o prazo de solicitude de matrícula para o curso 2025-2026 no seu Centro de Formación Audiovisual, o único da provincia que imparte ensino superior nos ciclos de Realización e Produción. A institución provincial manterá a gratuidade da matrícula dentro da súa aposta por un ensino público e de calidade. Este esforzo económico ten por obxectivo que todos os mozos e mozas lucenses que queiran formarse na rama audiovisual teñan as mesmas oportunidades para ser os futuros profesionais do sector.

As persoas interesadas poderán preinscribirse ata o 4 de xullo descargando o formulario na ligazón https://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/audiovisuais/home, que tamén estará a súa disposición na escola. Unha vez cuberto, deberán presentalo, xunto co resto da documentación solicitada, directamente na sede do Centro, na rúa Frei Plácido Rei Lemos da cidade amurallada.

Calendario de matriculación

Unha vez rematado o prazo do solicitude de admisión, o 8 de xullo publicaranse as listas provisionais de admitidos, agarda e excluídos. Do 9 ao 11 poderán presentarse as reclamacións, e o 15 de xullo sairán as listas definitivas. O prazo de matrícula ordinaria será do 16 ao 24 de xullo, e o 28 abrirase un prazo de matrícula extraordinaria ata completar todas as prazas.

As persoas interesadas poderán obter máis información a través do correo electrónico info@fundaciontic.org, na ligazón https://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/audiovisuais/home, chamando o número de teléfono 982 284 667 ou acudindo directamente á sede do Centro.