Deputación de Lugo
Formación

O Presidente felicita aos estudantes con mellores expedientes en Bacharelato e Formación Profesional

JOSE TOMÉ
DIPLOMAS
CAMPUS TERRA USC
José Tomé Roca participou este martes no acto, que se celebrou no auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC, e que recoñeceu a 131 alumnos e alumnas galegos que acadaron unha nota de acceso á universidade de sobresaínte

“Hoxe estamos a recoñecer algo que merece ser visibilizado: o talento, o esforzo que hai detrás de cada logro, e o valor dunha educación pública de calidade como motor de igualdade e de futuro”, avanzou o mandatario provincial

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este martes no auditorio da facultade de Veterinaria do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela, no acto de recoñecemento aos 131 estudantes galegos que acadaron, nos Ciclos Formativos de Grao Superior e de Bacharelato, unha nota de acceso á universidade de sobresaínte. A este evento tamén asistiu o Alcalde de Lugo, Miguel Fernández Méndez, e o Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz,entre outras autoridades. 

Tomé Roca felicitou aos alumnos e alumnas e destacou que “esta homenaxe non é só polo expediente académico, senón por todo o que simboliza: responsabilidade, disciplina, capacidade de superación”. Na súa intervención, o mandatario provincial tamén fixo un especial recoñecemento á Formación Profesional, “hoxe sabemos que é unha vía formativa esencial, conectada coa realidade do noso tecido produtivo, xeradora de emprego, innovación e oportunidades”, subliñou. 

“Ese futuro só é posible se seguimos apostando poloensino público, como facemos desde a Deputación deLugo. Porque cremos firmemente que a educación é aferramenta máis poderosa que temos para transformarvidas, romper desigualdades e impulsar odesenvolvemento dun territorio”, avanzou Tomé Roca.

Sobre a colaboración que mantén a institución provincial coa USC, o Presidente recordou que“a Deputación de Lugo é a deputación detoda España que máis apoia á universidade.E facémolo con convicción, porque estamos convencidosde que apoiar á USC, especialmente ao seu Campus deLugo, é apostar polo coñecemento, pola investigación e porunha Galicia máis preparada e competitiva. Cada recursodestinado ao ensino é unha semente de futuro”.