Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación súmase á andaina solidaria pola Muralla de Lugo organizada con motivo do Día Mundial do Cáncer de Próstata

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo na andaina solidaria que se realizou pola Muralla de Lugo con motivo do Día Mundial de Cáncer de Próstata, que se conmemorará o próximo 11 de xuño. A este evento, organizado polos Servizos de Oncoloxía Médica e Uroloxía do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo, tamén asistiron numerosos veciños e veciñas da localidade. A maiores desta actividade tamén haberá un ciclo de charlas formativas do 9 ao 11 de xuño nos centros de saúde de Fingoi e da Praza de Ferrol, así como nos hospitais da Mariña e de Monforte de Lemos.