Deputación de Lugo
Turismo

Muimenta celebra unha nova edición da Festa da Filloa co apoio da Deputación de Lugo

Muimenta
Festa da Filloa

O Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias, participou este xoves na 34 edición da Festa da Filloa de Muimenta, de Cospeito, que se celebrou no Recinto Feiral Manuel Vila López. A Deputación de Lugo aposta por esta Festa de Interese Turístico Galego e recoñecida co Premio á Excelencia Turística da provincia que entrega a institución provincial cunha achega económica por importe de 3.000€ porque se trata dun evento que “contribúe a dinamizar a economía local, da comarca e da provincia, enxalzando e poñendo en valor a nosa tradición gastronómica”, sinalou Arias. Esta cita festiva contou ademais de degustacións, con postos de artesanía e produtos galegos e tivo como pregoeiro ao actor coruñés Denís Gómez.