Deputación de Lugo

A Deputación amplía en dous días todos os prazos administrativos polo apagamento eléctrico

Imaxe deputación de lugo

A Deputación de Lugoinformaque todos os prazos administrativos se amplían en dous días como consecuencia do apagamento eléctrico rexistrado en España o pasado 28 de abril, que deixou fóra de servizo a Sede Electrónica da institución provincialos días 28 e 29. Esta incidencia afectou ao funcionamento normal dos procedementos adminis-trativos, polo que se decidiu non computar estes dous días nos prazos oficiais.

Isto implica que todos os procedementos ven ampliados os seus prazos en dous días, con independencia de cando rematasen, xa que esas dúas xornadas non computan. A medida foi adoptada mediante decreto oficial, ao abeiro das competencias que lle ou-torgan a Lei 7/1985 de Réxime Local e a Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia.
Con esta medida, a Deputación busca evitar posibles prexuízos ás persoas interesadas e garantir a seguridade xurídica no desenvolvemento da actividade administrativa. O decreto será publicado na Sede Electrónica da Deputación e comunicado a todas as unidades administrativas da institución.