Deputación de Lugo

A Deputación renova a súa colaboración coa homenaxe á Armada pola Semana Santa de Lugo

Semana Santa
armada

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou este luns no encontro de homenaxe á Armada organizado pola Confraría da Virxe da Esperanza coa colaboración da institución provincial con motivo da Semana Santa de Lugo. Durante o encontro, ao que asistiu a Alcaldesa, Paula Alvarellos, entre outras autoridades, o Deputado destacou os “valores de singularidade e solemnidade” que a presenza da Armada, que data do ano 1952, lle confire á festividade relixiosa na capital lucense, “unha das grandes citas do ano”, engadiu, “polo seu sentido relixioso, de tempo para estar coa familia, e tamén turístico”, de forma que estas celebracións “son tamén unha forma de dar a coñecer os nosos recursos patrimoniais, para consolidarnos como destino para os visitantes do conxunto de España e, cada vez máis, dos circuítos internacionais”.

Previamente ao encontro, Miguel Fernández asistiu á recepción dos mandos da Armada celebrada no Concello de Lugo e no desfile das tropas na Praza Maior. Pola tarde, participará na procesión da Virxe da Esperanza, un dos actos máis fervorosos e concorridos da Semana Santa lucense.