A Deputación de Lugo súmase á concentración silenciosa polas vítimas do incendio de Murcia
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e o Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participaron este luns na concentración silenciosa que se celebrou na mañá deste luns na capital lucense promovida pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en apoio e solidariedade coas vítimas e familiares do incendio ocorrido nunha discoteca de Murcia, no que faleceron 13 persoas. Xunto aos deputados provinciais, participaron neste acto a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, entre outras autoridades.