Muras celebrou a Feira do Poldro, cunha feira gandeira e actividades ao redor do cabalo para todos os públicos

Muras celebrou un ano máis, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Feira do Poldro e do Gando de Monte, poñendo en valor a actividade gandeira no municipio e promocionando a carne dos animais criados de forma tradicional.
O deputado de Medio Rural Daniel García, acompañado polo alcalde de Muras Manuel Requeijo e pola tenente alcalde Paula Gómez, achegouse ao recinto feiral, no Alto da Gañidoira, onde, ademais da compra e venda, se desenvolveu unha ampla axenda lúdica arredor do cabalo para todos os públicos.
O responsábel provincial entregou os premios das carreiras de andadura libre, que se celebraron durante a tarde, nas modalidades serrada e chapeada, e participou na homenaxe á Asociación Atila, que con 200 persoas sociais aglutina a paixón polo cabalo en Muras e na contorna.