Deputación de Lugo
Recursos Humanos

O Presidente felicita en Santa Rita ós traballadores e traballadoras que deixaron de prestar servizo no último ano

Santa Rita

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presidiu a celebración do Día de Santa Rita, patroa do funcionariado local, que tivo lugar no Salón de Actos do Pazo de San Marcos. Na cita, homenaxeouse a 15 traballadores e traballadoras da institución provincial que deixaron este último ano de prestar servizo público nas áreas de Vías e Obras, Parque Móbil, Normalización Lingüística, Nóminas ou a Granxa Gayoso Castro, entre outras. Tomé Roca, acompañado de deputadas e deputados provinciais e os representantes da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa, felicitou aos asistentes porque “xuntos activamos unha maquinaria áxil e dinámica, ó servizo de todos os concellos e da veciñanza da provincia, para facilitar e para mellorar a súas condicións de vida e para que a provincia siga na senda do desenvolvemento”. Así mesmo felicitou aos traballadores xubilados “polo traballo feito”. O Presidente entregou un agasallo ás persoas que deixaron de prestar servizo na institución e, unha vez rematado o acto, fíxose unha fotografía de familia e xunto ao cadro de persoal desfrutaron dun ágape.