Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo
Formación

A Deputación expón no Tour do Talento o plan Reiníciate de dixitalización de PEMES e fomento da empregabilidade

TOUR TALENTO
Lugo
MESA REDONDA
REINICIATE

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, expuxo este martes na primeira xornada en Lugo do Tour do Talento o programa Reiníciate, que impulsa a Deputación de Lugo en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), dependente do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, para favorecer a transformación dixital das pequenas e medianas empresas, e persoas autónomas da provincia, e para fomentar a empregabilidade dos mozos e mozas, e dos parados de longa duración.

Rivera Capón explicou a iniciativa durante a mesa redonda Retos ASG nos Polígonos do Ceao e As Gándaras, celebrada na Praza Horta do Seminario, compartindo foro co secretario xeral da Federación Galega de Asociacións de Parques Empresarias (FEGAPE), David Sobral. 

O Tour do Talento, iniciativa impulsada pola Fundación Princesa de Girona co Concello de Lugo, desenvolverá ata o venres 50 actividades na capital da provincia para impulsar e poñer en contacto o talento dos mozos e mozas da provincia.