Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo súmase á Hora do Planeta e apaga o alumeado do Pazo de San Marcos

Hora do Planeta

A sede da Deputación de Lugo apagou o alumeado da súa sede, o Pazo de San Marcos, entre as 20:30 e as 21:30 horas, deste sábado con motivo da Hora do Planeta. Esta iniciativa mundial está promovida pola WWF e busca a defensa da natureza e a loita contra o cambio climático. Durante unha hora apagouse a iluminación da fronte, das canellas e a do interior da sede da institución provincial.