Deputación de Lugo
Medio ambiente

A Deputación clausura un curso formativo sobre produción de mel no Centro de Interpretación Terras do Miño

Centro de Interpretación Terras do Miño

O Deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo, clausurou este venres no Centro de Interpretación Terras do Miño o curso de Iniciación e boas prácticas medioambientais na produción de mel, impulsado pola Deputación de Lugo. Esta formación forma parte do programa de actividades de educación e de lecer ambiental que a institución organiza durante todo o ano na Reserva da Biosfera Terras do Miño no marco da súa “ampla estratexia” para “favorecer a conservación e a posta en valor do medio ambiente, e, ao mesmo tempo, para que toda esa riqueza natural sexa un recurso para o desenvolvemento social e económico dun xeito sostible”.