Menu toggle
Deportes

 A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios telemáticos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Lugo http://www.deputacionlugo.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Deputación de Lugo.

 

As solicitudes, e ANEXOS e documentación que corresponda, deberán formularse con sinatura electrónica segundo corresponda, por presidente/a e/ou secretario/a.

 

De se producir presentación presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

 

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN


Toda a documentación deberá presentarse a través da sede electrónica e en formato PDF.

Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:

 

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede

 

  • Sede electrónica

  • Subvencións

  • Subvencións concorrencia competitiva

  • Alta de solicitude

     

Asi mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude.

Se desexa presentar máis dunha solicitude deberá crear un expediente INDIVIDUALIZADO para cada unha delas, é dicir, crear expresamente un novo expediente para cada solicitude

 

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, a contar a partir do día seguinte da publicación no BOP de Lugo do extracto da convocatoria (BOP Núm. 064 – sábado 18 de marzo de 2023), polo tanto remata o venres 31 de marzo de 2023. 

 

EMENDA DE DOCUMENTACIÓN

 

Unha vez revisada a documentación presentada, no caso de ser preciso, enviarase un requirimento a través da sede electrónica.

 

Recoméndase actualizar a enderezo de correo electrónico para a recepción das notificacións.

 

A forma de recibir a notificación é a seguinte:

 

  • Recibirá un correo electrónico no enderezo de correo electrónico que teña no seu perfil da sede electrónica.

  • Entre na sede electrónica da Deputación Provincial

    https://sede.deputacionlugo.org/opencms/system/modules/sede/index

  • Identifíquese » Carpeta cidadá » Mis notificacións

  • Marque a notificación e indique “Recibir” ou “Deseo rechazar a documentación seleccionada”

  • A continuación asinará e aparecerá unha “certificación da documentación recibida”. Para ver o requirimento deberá premer o botón FIRMAR na esquina inferior dereita.

  • Descargar e finalizar.

 

PRESENTACIÓN DA NOVA DOCUMENTACIÓN

 

BASES

 

DOCUMENTACIÓN

 

Actividade competitiva federada, documentación que debe presentar

 

 

Organización de eventos, documentación que debe presentar

 

Extracto da convocatoria

 

Información: 982 260 263

 

carmen.culturaedeporte@deputacionlugo.org