Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo condena o crime machista de Baiona

A Deputación de Lugo expresou a súa enérxica repulsa ao crime machista acontecido na localidade pontevedresa de Baiona. A Voceira socialista do Goberno provincial e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, gardaron un minuto de silencio nunha concentración que tivo lugar este martes pola mañá diante da Subdelegación do Goberno en Lugo na que participou a Subdelegada, Isabel Rodríguez, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto a outras autoridades e veciños e veciñas.