Deputación de Lugo

A Deputación asiste á toma de posesión de Miguel González como novo Xeneral Xefe da Garda Civil de Galicia

Garda Civil
GALICIA

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu este xoves na Coruña á toma de posesión do novo Xeneral Xefe de Brigada da Garda Civil en Galicia, o lucense Miguel Ángel González Arias. O acto tivo lugar no acuartelamento da Garda Civil da cidade herculina. Rivera Capón desexou sorte a González Arias nesta nova etapa ó mando da 15ª Zona da Garda Civil de Galicia, cargo do que toma posesión tras ser ascendido a Xeneral de Brigada o pasado mes de xuño a proposta do Ministerio de Defensa.

Miguel Ángel González Arias, nado en Lugo no 1964, estivo destinado nos servizos de información da Garda Civil no País Vasco e en Madrid, nos peores anos da banda terrorista ETA. Posteriormente, desempeñou diferentes postos en Galicia, e no 2013 foi nomeado xefe da Comandancia lucense, primeiro como Tenente Coronel e logo como Comandante, do que exerceu ata o momento. González Arias sustitúe ao Xeneral Luis Francisco Rodríguez, que deixou o mando ao cumprir a idade para pasar á reserva.