Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación recibe a xuíces e organizadores da Exposición Canina que arranca mañá en Lugo

PAZO FERIAS E CONGRESOS
Lugo

A Deputada de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González Abelleira, recibiu este venres no Salón de Plenos da Deputación de Lugo a xuíces e representantes da Sociedade Canina da 104 Exposición Nacional, e a 46 Exposición Internacional Canina de Galicia, que durante esta fin de semana reunirá na capital lucense a participantes de varios países con 2.000 cans.

 

González Abelleira destacou a importancia desta cita “polo retorno económico que supón e para artellar unha oferta turística diferenciada na provincia”. “A beleza e o talento canino que se dá cita neste evento atrae a milleiros de participantes e visitantes de todo o mundo”, subliñou a Deputada. 

 

O Pazo de Feiras e Congresos, de cuxo padroado forma parte a institución provincial, acollerá o evento, que contará, ademais das exposicións, con dúas probas de Agility puntuables para o Campionato do Mundo. Mañá sábado terá lugar a exposición nacional, e o domingo, a internacional.