Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación colabora coa Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo na creación dun calendario solidario

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
SOCIEDADE PROTECTORA DE ANIMAIS E PLANTAS
CALENDARIO
CB Breogán

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora coa Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo na creación dun calendario solidario.O Espazo Permacultural Lugar de Reque, a carón do río Rato, foi escenario dunha sesión fotográfica na que se tomaron as imaxes que ilustrarán o almanaque de 2023 e que teñen como protagonistas aos xogadores do CB Breogán.

No centro de cestería, coa finca de Reque como pano de fondo, Sergi e Erik Quintela, Víctor Arteaga, Scott Bamforth , Marko Lukovic e o adestrador VeljKo Mrsic posaron xunto aos cans e gatos que acolle a Protectora, colaborando nunha iniciativa que pretende visibilizar a labor da entidade e facer un chamamento á colaboración da cidadanía.

O deputado de Deportes Efrén Castro explicou que “a colaboración se desenvolve no marco do acordo de patrocinio co que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia ao CB Breogán e que inclúe a participación do club en diferentes iniciativas de carácter social” e destacou “que aproveitamos a proposta para seguir dando a coñecer este espazo que estamos a revitalizar na contorna de Lugo”.

Na sesión estivo tamén presente o presidente da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo, Alberto Losada, e voluntarios e voluntarias da entidade, que se encargaron de coidar e guiar os animais durante a sesión fotográfica.