Deputación de Lugo

O Presidente asiste ao encontro de despedida do Xeneral de Brigada da Garda Civil, o lucense Miguel Ángel González Arias

GUARDIA CIVIL

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este xoves ao encontro de despedida do Xeneral de Brigada da Garda Civil, o lucense Miguel Ángel González Arias. Un acto que tivo lugar no restaurante Montero de Vilalba, e ao que tamén asistiu a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López, e alcaldes e alcaldesas da provincia, entre outras autoridades.

Tomé Roca felicitou a González Arias polo seu novo cargo e desexoulle sorte na súa nova etapa. Este profesional da Garda Civil comezou a súa carreira en Lugo e na Coruña, pasando tamén polo País Vasco e Madrid, e finalmente, na provincia de Lugo de novo. A semana pasada González Arias recibiu a faixa de Xeneral de Brigada da Garda Civil, tras o seu nomeamento  -por Real Decreto- asinado pola Ministra de Defensa, Margarita Robles, que se publicou o pasado 15 de xuño no Boletín Oficial do Estado, un día despois de que o Consello de Ministro avalase o seu ascenso.