Deputación de Lugo
Turismo

Viveiro proxéctase ao mundo na 42ª Mostra Folklórica, co apoio da Deputación

Mostra Folklórica de Viveiro


A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, participou este domingo á tardiña na Gran Gala Internacional da Mostra Foklórica de Viveiro que acolleu a Praza Maior da localidade. A institución provincial colabora con esta cita, que este ano chega á súa 42 edición, tras dous anos sen poder celebrarse debido á pandemia da Covid-19. 

Este evento, subliñou a Deputada, proxecta a Viveiro e á provincia de Lugo como un referente cultura, cun amplo recoñecemento internacional, xa que pertence ao CIOF (Consello Internacional de Organizacións de Festivais de Folklore e das Artes Tradicionais), integrado na ONU-Unesco.  Nesta edición participaron agrupacións de Guinea Bissau, Arxentina, Bolivia, México e Xeorxia.