Deputación de Lugo
Emprego
Turismo

Burela presume dos produtos do mar na Feira do Bonito, coa participación da Deputación

feira do bonito
Burela
A institución provincial recoñece a importancia desta Festa de Interese Turístico Nacional para dar a coñecer os produtos da provincia e colabora co Certame Internacional de Pintura Mural Amarte e con Produart, onde se instalou un expositor informativo

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, participou este sábado no Barco Museo Bonitero Reina do Carme na inauguración da  XXXVI Feira do Bonito de Burela. A Deputación de Lugo participou nesta cita, declarada Festa de Interese Turístico Nacional, que potencia a promoción do bonito e ábrea a novos mercados. No acto tamén participaron o Alcalde, Alfredo Llano; a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o Delegado da Xunta, Javier Arias Fouz, ademais de outros representantes municipais. 

Ata o domingo, o porto de Burela acolle este evento que dá valor ao sector pesqueiro porque “falar do bonito é falar dun produto gastronómico de calidade excepcional, pero tamén é falar de pesca, de tradición, de sustentabilidade e de emprego”, explicou a Deputada. García Bermúdez destacou a colaboración da institución provincial durante a fin de semana no VI Certame Internacional de Pintura Mural Amarte, incluído no programa de actividades culturais aos que se achegan 35.000€ a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos.

Será o domingo cando a veciñanza e os visitantes se acheguen a probar o bonito en diferentes elaboracións, incluíndo as tradicionais como o bonito á grella, en empanada, cocido ou asado, e outras máis recentes como o marmitako, unha receita que, nos últimos anos, foi moi demandada polas persoas que se achegaron á feira. 

Produart
A Nave de Redes de Burela acolle esta fin de semana a XX Feira dos Produtos Artesanais e Ecolóxicos Produart, impulsada pola Fundación Expomar. A Deputación colabora con esta cita cunha achega de 12.000€ e conta cun expositor para a promoción do patrimonio e a gastronomía da provincia de Lugo. O espazo pode visitarse en horario continuado de 11:00 a 21:00 horas.