Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia colabora co Descenso Urbano Vila de Sarria, que se celebra esta fin de semana

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
Deportes
EFRÉN CASTRO
DESCENSO URBANO VILA DE SARRIA
DHG TEAM

O deputado Efrén Castro participou este mércores na presentación da novena edición do Descenso Urbano Vila de Sarria, que se celebrará os días 30 e 31 de xullo.

A área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora co DGH Team na organización deste espectáculo deportivo, recoñecido como un dos mellores descensos urbanos do Estado.

Unhas 120 estruturas de madeira instaladas entre a parte alta da vila - a carón do campo da feira- e o Malecón,  cruzando o centro histórico polo roteiro xacobeo, poñerán a proba a habilidade de preto de 150 participantes, a previsión de asistencia que manexa a organización a falta dun día para o peche das inscricións (remata mañá, xoves 28 ás 23.00 horas).  O evento será retransmitido en streaming, coas gravacións realizadas polas cámaras instaladas por todo o circuíto, engadindo á cita un maior atractivo visual.

O deputado de Deportes Efrén Castro felicitou “ao DGH Team por dar continuidade a un evento que é motivo de orgullo para a veciñanza de Sarria e da provincia polo recoñecemento que ten entre os afeccionados e afeccionadas a esta modalidade”  e convidou a desfrutar da “espectacularidade do descenso urbano, achegándose a Sarria durante a fin de semana”.

Os adestramentos comezarán o sábado pola tarde e continuarán durante a mañá domingo ata a disputa do descenso, o domingo pola tarde. Como aperitivo, o sábado pola mañá celebrarase o Mini DHU, pensado para os máis pequenos, cun formato adaptado ás  idades de iniciación con estruturas de madeira de distintas formas.