Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación asiste á entrega de Medallas de Galicia e felicita aos galardoados

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este domingo no Museo Centro Gaiás á entrega das Medallas de Galicia, que este ano recoñecen o traballo de homes e mulleres na difusión do Camiño de Santiago. Tomé Roca felicitou aos gañadores e gañadoras do máximo recoñecemento a nivel autonómico polo seu labor por acercar  Galicia, e o Camiño de Santiago, a todo o mundo. Pola provincia de Lugo, lembrou o Presidente, transcorren catro Camiños oficiais, tres deles recoñecidos como Patrimonio da Humanidade. 

No 2022, os galardoados coas Medallas de Galicia son o arzobispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio Barrio; o profesor e estudoso da ruta xacobea Paolo Caucci von Saucken; a hospitaleira do albergue de peregrinos de Fisterra, Begoña Valdomar Insua; a  Asociación Discamino e, a título póstumo, o primeiro comisario do Xacobeo en 1993, José Carro Otero.