Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Efrén Castro participou na entrega de premios do Cross Ponte Romana, que contou coa presenza de Adrián Ben e rendeu homenaxe a Mariano Castiñeira

EFRÉN CASTRO
ÁREA DE DEPORTES
Atletismo

O deputado de Deportes, Efrén Castro, participou este domingo na entrega de premios do Cross Ponte Romana, que se celebrou durante a fin de semana en Lugo coa participación dun milleiro de atletas, entre eles, o olímpico Adrián Ben.

Desde o sábado pola tarde, sucéderonse as probas na contorna do Pazo de Feiras e Exposicións, con carreiras populares de relevos mixtos e continuaron o domingo con carreiras de promoción –desde sub 10 ata sub 23-, probas absolutas e un cross popular.

O deputado de Deportes felicitou á organización –CCN e Escola Atlética Lucense- por reunir “nun evento a atletas de todas as categorías”  e valorou “a presenza de Adrián Ben que despois de levar o atletismo galego ao máis alto, coa participación nos Xogos Olímpicos, estivo aquí, correndo e compartindo tempo con atletas das categorías de base para os que é un exemplo a seguir”.

Homenaxe a Mariano Castiñeira

O Cross Ponte Romana rendeu homenaxe nesta edición a Mariano Castiñeira, falecido en 2020.  A súa familia recibiu o agarimo e recoñecemento do atletismo lucense nun acto no que se puxo en valor a traxectoria do médico e adestrador que descubriu e puliu os talentos  de grandes referentes como o propio Adirán Ben,  Alessandra Aguilar ou María Abel, entre outras

Resultados: https://crossponteromana.com/es/web/resultado/evento-2207