Deputación de Lugo

O Deputado de Participación Cidadá asiste á inauguración da Feira de Antigüidades da Pontenova

A Pontenova
Feira de Artesanía e Antigüidades

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, asistiu este sábado á inauguración da XIV Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova. Esta cita, que é xa un referente no sector, prolongarase ata o vindeiro luns 6 de decembro e conta con máis de 60 expositores entre anticuarios e artesáns. Ás demostracións de ferreiros, torneiros, ou xoieiros sumarase tamén estes días unha exposición de olería, motos e coches clásicos.