Deputación de Lugo
Economía

A Deputación clausura o curso de especialización de enoturismo no que colaborou coa APEHL

enoturismo
Formación
APEHL

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, asistiu este martes á entrega de diplomas e clausura do curso Cultura de viños do mundo. A acción formativa, que contou cunha achega da Deputación de Lugo de 40.000€, foi impartida polo Instituto Galego de Viños co obxectivo de reforzar as competencias profesionais do sector. García Pernas valorou que a iniciativa deseñouse como “unha oportunidade de reinvención” para a hostalería fronte á crise desencadeada pola pandemia.