Deputación de Lugo
Economía

O Presidente participou no primeiro sorteo da nova campaña da Federación de Comercio, apoiada pola Deputación

Deputación de Lugo
Federación de Comercio

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas López, participou este xoves no primeiro sorteo realizado no marco da campaña Merca no comercio local. Merca na provincia de Lugo, unha nova iniciativa de apoio e incentivo do consumo no comercio de proximidade que promove a entidade asociativa co apoio institución provincial. As persoas que fagan compras por un mínimo de 10€ no comercio minorista da provincia de Lugo entrarán nos sorteos dun total de 1.000 bonos de consumo por un importe de 30€ cada un, co que se poñerán en circulación 30.000€ en premios con esta campaña.