Deputación de Lugo
Turismo

O pelotón de La Vuelta percorre a provincia de Lugo cunha gran acollida da veciñanza

Chegada La Vuelta
A Deputación de Lugo colabora con esta cita deportiva na súa 19º etapa cunha achega de 60.000€, que promociona o territorio a través do turismo

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e o Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, asistiu á chegada de La Vuelta en Monforte de Lemos. O pelotón percorreu 12 concellos da provincia de Lugo na súa 19ª etapa, pasando por Negueira de Muñiz, A Fonsagrada, Baleira, Castroverde, Lugo, Láncara, O Páramo, Sarria, O Incio, Bóveda e rematando na capital da Ribeira Sacra.

A institución provincial inviste 60.000€ nesta proba deportiva que achega o patrimonio cultural e natural da provincia de Lugo e supón unha proxección internacional e en promoción turística dun valor incalculable. Así mesmo, La Vuelta contribúe, de xeito directo, a reactivar a actividade en sectores tan castigados pola crise como a hostalería, o turismo ou o comercio local nas localidades polas que transcorre.