Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo felicita a Adrián Ben pola clasificación para a final olímpica de 800 m.

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
Deportes
EFRÉN CASTRO
ADRIÁN BEN
XOGOS OLÍMPICOS


A Deputación de Lugo felicita ao atleta de Viveiro Adrián Ben pola súa brillante clasificación para a final dos 800 metros lisos nos Xogos Olímpicos de Toquio.

A clasificación entre os finalistas da Olimpíada, que lle dá dereito a loitar polas medallas o vindeiro mércores, supón un fito na súa traxectoria e tamén para o deporte lucense e galego.

O deputado de Deportes, Efrén Castro, resalta o “exemplo de talento e esforzo” que supón o atleta viveirense.

Castro subliña ademais que “no caso de Adrián, aos méritos deportivos, do máis alto nivel, súmase a reivindicación das súas raíces e de Viveiro das que presume sempre que pode e que converten este logro nun orgullo colectivo para a sociedade lucense”.

Fotografía: Teledeporte.