Deputación de Lugo

O Presidente inaugura o renovado campo de golf Río Cabe en Monforte, para o que a Deputación aportou máis de 40.000€

José Tomé Roca
Monforte
campo de golf
Río Cabe
Campo de golf
José Tomé destacou o apoio da institución provincial “ao deporte e ás iniciativas coma esta que contribúen a consolidar unha oferta turística de calidade, sostible, variada, que aportan valor engadido e que poñen en valor o noso patrimonio”

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este domingo na inauguración das renovadas instalacións do campo do Club de Golf Río Cabe en Monforte de Lemos. A institución provincial aportou máis de 40.000€ para o proxecto de remodelación do recinto e para promocionar o turismo deportivo na provincia. No acto, tamén participou o presidente do club, José Ángel Pérez Reñones. 

Tomé Roca puxo en valor estas actuacións, “unha boa noticia para os afeccionados deste deporte, para Monforte, para a Ribeira Sacra e para o turismo de toda a provincia”. O Presidente destacou neste sentido a colaboración que fai a Deputación “co deporte e coas iniciativas que contribúen a consolidar unha oferta turística de calidade, sostible, variada, que aporte valor engadido coma esta. Unha oferta que poña en valor a nosa paisaxe, o patrimonio, a gastronomía e que ofreza tamén actividades de lecer adecuadas ás demandas do actual mercado turístico”.

O mandatario provincial sinalou que o golf é un deporte cada vez máis popular e un dos que máis medra e fichas federativas, polo que recoñeceu ós impulsores da remodelación do campo monfortino“ que souberan detectar esa demanda, darlle resposta e ampliar a oferta golfista da nosa provincia”.

A axuda económica por parte do organismo provincial permite ao Club de Golf Río Cabe contar cunhas renovadas instalacións deportivas de primeiro nivel, que pasan dos 9 buratos aos 18 actuais, cun percorrido de preto de 1.600m2. Concretamente, o convenio da Deputación incluíu a instalación de múltiples elementos de sinalización, como bandeirolas, marcas do solo ou placas informativas; a preparación do campo, cun semellado, acondicionamento e sega dos greenes; e os controis para a celebración do torneo, como as tarxetas de puntuación ou a recepción dos participantes na proba.