A Deputación súmase aos actos do Día Mundial do Alzheimer

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, visitaron a mesa informativa e de sensibilización que instalou este luns na Praza de San Marcos a Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer de Lugo (AFALU) con motivo do Día Mundial do Alzheimer.A fachada do edificio provincial alumearase toda a noite de cor morada, promovendo así a visibilidade desta enfermidade. A Deputación colabora con AFALU cunha achega económica de 20.000 euros para axudar na atención dos pacientes e das súas familias.