Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Os Lobiños percorrerán A Fonsagrada o próximo día 30

ruta
cicloturista
Ruta dos Lobos
Os Lobiños percorrerán A Fonsagrada  o próximo día 30
A ruta cicloturista está dirixida a rapaces de entre 7 e 16 anos, aínda que tamén poderán participar os pais e outros adultos. É unha proba de baixa dificultade na que os participantes percorrerán 13 quilómetros. Os interesados poden solicitar o formulario de inscrición no correo electrónico: rutadoslobos@hotmail.com

O Vicepresidente en funcións, Argelio Fernández Queipo, e o Alcalde da Fonsagrada, Carlos López López, presentaron este luns a VI edición da Ruta dos Lobiños, a cita cicloturistica junior que segue os pasos da xa consolidada Ruta dos Lobos. A ruta cicloturista celebrarase o vindeiro domingo día 30 de xuño e percorrerá 13 quilómetros do Concello da Fonsagrada.

Fernández Queipo sinalou que “ao igual que organizamos a Ruta dos Lobos queremos darlle a posibilidade aos máis pequenos de coñecer a riqueza turística e paisaxística que temos no Concello. Uns 100 rapaces participaran nesta nova edición da ruta cicloturística”.

López López destacou que “esta é unha oportunidade única para acercarse A Fonsagrada e poder pasar un día en familia. Gustaríame convidar a todo o mundo a desfrutar desta ruta cicloturística que pasará por lugares emblemáticos do concello”.

Na proba participarán rapaces entre 7 e 16 anos, aínda que tamén poderán inscribirse os pais e outros adultos. A ruta terá unha dificultade baixa e ao final da mesma organizarase unha gincana. A inscrición tamén inclúe un xantar de confraternización. Os interesados poden solicitar o formulario de inscrición no correo electrónico: rutadoslobos@hotmail.com.