Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

O Pazo de San Marcos acolle a presentación de Manchas de frío, o novo libro da escritora lucense Sonia Arias

Manchas de frío
Sonia Arias
libro
presentación
O Pazo de San Marcos acolle a presentación de Manchas de frío, o novo libro da escritora lucense Sonia Arias
Na nova publicación da autora lucense crecen historias que achegan aos lectores ao surrealismo, intimismo, idealismo e á máis descarnada realidade

Sonsoles López sinalou que "contamos cunha escritora lucense, muller vitalista e creativa, que nesta publicación aborda o tema da frialdade, sobre todo na sociedade. Cunha narrativa moi sutil amosa historias de valentía e loita contra as inxustizas”.

A Deputada de Benestar Social e Promoción Económica en funcións, Sonsoles López Izquierdo presentou, este luns no Pazo de San Marcos, Manchas de frío o novo libro da escritora lucense Sonia Arias López. Trátase do segundo libro que esta autora, natural de Paradela e veciña de Sarria, publica coa editorial Angels Fortune. No acto de presentación estiveron acompañadas do escritor José Carlos Ulloa García.
 
En Manchas de frío crecen historias que achegan aos lectores ao surrealismo, intimismo, ao idealismo e tamén a máis descarnada realidade. Coa frialdade como tema principal do libro, a autora amosa a persoas valentes e loitadoras. Un libro rompedor no que a través de 24 relatos realiza un percorrido polos sentimentos humanos a través das emocións.

Sonsoles López sinalou que "contamos cunha escritora lucense, muller vitalista e  creativa, que nesta publicación aborda o tema da frialdade, sobre todo na sociedade. Cunha narrativa moi sutil amosa historias de valentía e loita contra as inxustizas”.

“Es que no solo quiero conseguir que se conozca lo desconocido, sino que se recuerde lo olvidado” é a frase que resume este libro e que a autora deixa plasmada nesta publicación. Cunha narrativa diferente e pensativa, cargada de sarcasmo e ironía, amosa pequenas historias e realidades na que a esperanza está sempre presente. Arias López explicou que “Manchas de frío é un libro para pensar. Unha obra que nace despois de aguantar, ver e soportar inxustizas”.

Publicacións da escritora lucense Sonia Arias


No seu primeiro poemario Parques de Atracciones, Sonia Arias aborda o amor e o desamor. En Campos de batalla, o seu segundo poemario, diversifica a súa temática e reflexa a madurez creativa da escritora. Nesta publicación, Manchas de Frío a escritora lucense afonda a través da narrativa na frialdade e nas inxustizas.

 

O Pazo de San Marcos acolle a presentación de Manchas de frío, o novo libro da escritora lucense Sonia Arias