Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Lourenzá en Xogo reunirá a 350 rapazas de España e Portugal nun torneo de Baloncesto

Lourenzá en Xogo
España
Portugal
baloncesto
Torneo de baloncesto 'Lourenzá en Xogo'
Trátase da XIV Edición deste campionato, que se celebrará os días 18, 19, e 20 de abril no pavillón municipal do concello mariñán. Competirán un total de 29 equipos divididos nas categorías sénior, júnior, cadete e infantil

Rivera Capón explicou que “é necesario apoiar o deporte feminino, especialmente o de base, para que as rapazas usen o deporte como mecanismo de empoderamento, para avanzarmos no camiño da igualdade”

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto coa Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, presentaron este mércores, no pavillón municipal de Lourenzá a XIV edición do torneo bianual internacional de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo, que se celebrará os días 18, 19, e 20 de abril nesta infraestrutura deportiva do concello mariñán.

No torneo competirán un total de 29 equipos, procedentes de España e Portugal, divididos nas categorías sénior, júnior, cadete e infantil. Unhas 350 rapazas que competirán e pasarán tres días no Concello de Lourenzá, onde estarán aloxadas no colexio e na casa da Xuventude, e onde desfrutaran dunha noite lúdica de recibimento, cunha festa celta.

Rivera Capón explicou que “é necesario apoiar o deporte feminino, especialmente o de base, para que as rapazas usen o deporte como mecanismo de empoderamento, e desde o Goberno da Deputación facémolo apoiando iniciativas como esta, para avanzarmos no camiño da igualdade”.

Pola súa banda a Alcaldesa destacou que “é unha cita importante para o concello e para toda a comarca. Imos consolidando o formato bianual, que nos axuda a concentrar un maior número de equipos”, tamén quixo agradecer “a implicación de toda a vila para levar adiante este torneo, grazas á que poderemos acoller as máis de 2.000 persoas que agardamos que se acheguen a Lourenzá durante a fin de semana”.

Equipos e categorías


Categoría Sénior:
-    C.B. Gavá, Barcelona
-    Terras da Mariña Lourenzá, Lugo
-    C.B Balmaseda, Biscaia
-    Corazonistas Vitoria, Áraba

Categoría Júnior:
-    S. Corazón Godella, Valencia
-    C.B. Balmaseda, Biscaia
-    Corazonistas Vitoria, Áraba
-    C.B Pontumio, A Coruña
-    Dosa Salesianos, Biscaia
-    Ensino, Lugo
-    Basket Lena, Asturias
-    C.B.N. Tenerife, Tenerife

Categoría Cadete:
-    C.B. Gavá, Barcelona
-    Depordima, Ourense
-    Terras da Mariña Lourenzá, Lugo
-    C.D.B de Leça, Matosinhos, Portugal
-    Corazonistas Haro, La Rioja
-    C.B.N. Tenerife, Tenerife
-    Ensino, Lugo
-    S. Corazón Godella, Valencia
-    Corazonistas Vitoria, Áraba

Categoría Infantil:
-    C.B. Gavá, Barcelona
-    Terras da Mariña Lourenzá, Lugo
-    B. Balmaseda, Biscaia
-    Dosa Salesianos, Biscaia
-    C.B. Pontumio, A Coruña
-    C.B.N. Tenerife, Tenerife
-    Ensino, Lugo