Graduados e estudantes fórmanse en Dirección de Recursos Humanos co Máster Paulo Fabio

Conta cun total de 700 horas de formación e posúe unha gran vocación práctica, xa que unha parte do tempo adícase a resolver situacións reais e a realizar talleres nos que se afondan sobre casos que se producen no día a día de calquera empresa
O máster Paulo Fabio é un dos estudos de especialización con maior recoñecemento no ámbito dos recursos humanos e conta con alumnos que buscan mellorar as súas competencias, reconverterse cara o ámbito da xestión do persoal...
O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, mantivo este venres un encontro cos alumnos do máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos, co que colabora a Deputación con 12.000 euros e que se imparte na Escola de Relacións Laborais de Lugo. Trátase dunha formación dirixida especialmente a titulados universitarios e alumnos matriculados en 3º Grado que queiran rematar os seus estudos, ademais de co seu titulo de grao, con este máster. É unha formación de carácter eminentemente práctica coa que se pretende dotar ao alumnado das competencias en Dirección de Recursos Humanos dunha organización, ou de postos de responsabilidade específica dentro da área, así como para integrarse en consultoras, asesorías...
O programa conta cun total de 700 horas de formación e posúe unha gran vocación práctica, xa que unha parte significativa do tempo adícase a resolver situacións reais e a realizar talleres prácticos nos que se afondan sobre casos prácticos que se producen no día a día de calquera empresa. Ademais, dito Máster facilita a realización de prácticas en empresas. Esta formación promove a familiarización coas novas tecnoloxías; así como da xestión do coñecemento a través de canles de comunicación como as comunidades de expertos, os foros virtuais, debates na rede, a participación en eventos virtuais…
Estudos de gran prestixio
O máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos é un dos estudos de especialización con maior recoñecemento. O perfil dos alumnos é moi variado, dende profesionais que buscan mellorar as súas competencias no ámbito dos recursos humanos, outros que buscan a reconversión profesional a este sector así como profesionais que desexan mellorar o seu curriculum. En relación ao ámbito laboral, destacan a inserción de profesionais a grandes empresas no eido dos recursos humanos, como Kids&us; Abante BPO ou INGAPAN.
