9.000 persoas de 96 asociacións da provincia practican 650 horas mensuais de deporte co Movémonos da Deputación

- Ante o éxito desta programación e a elevada demanda dos veciños o Goberno da Deputación decidiu continuar co Movémonos ata final da primavera
- Rivera Capón explicou que “tamén ten carácter social, ofrecendo un lugar de encontro entre os veciños, fomentando o lecer alternativo e saudable e as interaccións sociais”
- En total 96 asociacións de 47 concellos repartidos entre todas as comarcas da provincia, participan no programa, sumando catro novas con respecto ao ano pasado
9.000 persoas de 96 asociacións e colectivos da provincia practican 650 horas mensuais de deporte co Movémonos da Deputación. Trátase do programa co que o Executivo Provincial achega monitores deportivos aos concellos de menos de 5.000 habitantes, a través de asociacións de veciños e entidades sociais, que poden elixir entre diferentes tipoloxías de actividades segundo as súas necesidades. Ante o éxito desta programación e a elevada demanda dos veciños o Goberno da Deputación decidiu continuar co Movémonos ata final da primavera.
O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, explicou que “moitos dos usuarios repiten ano tras ano neste programa que non só supón unha iniciativa en prol da actividade física en colectivos e concellos, se non que tamén ten carácter social, ofrecendo un lugar de encontro entre os veciños, fomentando o lecer alternativo e saudable ademais das interaccións sociais”.
Outra liña de traballo do programa Movémonos, busca vencer os obstáculos e achegar os deportes a quen o ten máis difícil, como os colectivos de persoas con capacidades diferentes ou asociacións que traballan con xente en risco de exclusión social.
Actividades
As actividades impartidas repiten un ano máis dada a gran acollida que teñen. As asociacións tiveron a oportunidade de escoller entre todas as ofertadas para adaptarse as necesidades e especificidades dos usuarios. Estas son:
- Multideporte: Actividade de carácter deportivo multidisciplinar. Esta actividade dá a posibilidade de iniciarse en varios deportes coa finalidade de que se poida escoller o que máis adecúe ás posibilidades e/ou intereses das persoas participantes.
- Ximnasia de mantemento: Actividade dirixida que se basea nun conxunto de actividades encamiñadas á conservación e mellora da condición física, alcanzando un estado físico óptimo mediante o desenvolvemento de exercicios físicos de mantemento, tonificación e coordinación de forma xeral.
- Acondicionamento físico e aeróbico: O aeróbic é un tipo de exercicio capaz de estimular a actividade cardiovascular e respiratoria durante un tempo o suficientemente longo, como para producir no noso corpo determinados beneficios como mellorar a saúde, previr enfermidades, mellorar a forma física, incrementar o ritmo metabólico, eliminar graxas de reserva e reducir a tensión.
- Pilates: Traballa a musculatura profunda e superficial unindo aspectos do concepto de actividade física occidental e oriental a través de exercicios dinámicos, control do movemento, fluidez e respiración.
- Actividades para persoas con capacidades diferentes: Actividade física baseada na adaptación da tarefa ás capacidades de cada individuo. Dentro deste tipo de actividade englóbanse todas aquelas modalidades deportivas que se adecúan a persoas con diferentes capacidades, ben porque se realizaron unha serie de adaptacións e/ou modificacións para facilitar a práctica a ese colectivo, ou porque a propia estrutura do deporte permite a súa práctica sen adaptacións relevantes.
- Ximnasia Rítmica: A ximnasia rítmica é unha disciplina que combina elementos de ballet, ximnasia, danza e o uso de diversos aparellos como a corda, o aro, a pelota, as mazas e a cinta.
96 Asociacións da provincia
En total 96 asociacións de 47 concellos repartidos entre todas as comarcas da provincia, participan no programa, sumando catro novas con respecto ao ano pasado, e chegando a un novo concello: Portomarín, a través da AA.VV. De Vilar (Vilaxuste).
Mariña |
|
Alfoz |
San Vicente de Lagoa |
Barreiros |
Asociación O Cazcallal (Vilamar) Asociación Irmandade San Caetano Asociación Mulleres Rurais Tea De Araña |
Burela |
Asociación Camiña Asociación De Axuda Ó Enfermo Mental "A Mariña" Fundación Euson Afan Burela (Alzheimer) |
Cervo |
Asociación Veciños Burgo De Trasbar A.V. San Román De Vilaestrofe Asociación de Axuda ao enfermo mental A Mariña |
Foz |
A. Asistencial Virxe do Carme de Foz |
Lourenzá |
Asociacion Veciños O Refuxio De San Xorxe A.V. A Cazolga Escolas Deportivas Lourenzá |
Mondoñedo |
Centro San Pablo E San Lázaro Asociación De Veciños O Castelo De Oirán Escola Do Carmen |
Ourol |
Asociación Irmáns Vilar Ponte |
A Pontenova |
Udp Val De Miranda |
Ribadeo |
A Mariña-COGAMI |
Trabada |
Asociación Os Tres Pes Asoc. De MMRR Marco da Pena Verde |
Valadouro |
Club de Baile Goldance |
Viveiro |
Aspanane 1 Aspanane 2 Afavi |
Xove |
A Mariña - COGAMI |
Terra Chá |
|
Begonte |
A.V. Os Milagros de Saavedra A. Cultural Deportiva San Vicente de Pena Asociación Cultural Ilán Asociación Feira do Barrazoso de Gaibor Asociación de Veciños de Carballido |
Castro De Rei |
Cruz Vermella Castro Ribeiras Do Lea |
Cospeito |
UDP Cospeito A.C. Aquilino Iglesias Alvariño (MUIMENTA) |
Meira |
Asociación Cultural Eme De Meira |
Monterroso |
Taller Prelaboral Monterroso |
A Pastoriza |
Asociación Cultural Zampalladas Asociación Crecente Asociación Lume Novo Asociación Fonmiñá Asociación Cultural Veciñal A Rigueira Asociación de Veciños Campo Cruceiro |
Pol |
UDP De Pol - Local Mosteiro |
Xermade |
Asociación de Veciños Cazas Asoc. De Mulleres Rurais Saudade Momán Asociación de Veciños Roupar |
Lugo |
|
O Corgo |
AA.VV. Marei Laxe Blanca A.X.C. San Miguel de Pedrafita Asoc. Cela-Ponte de Neira |
Friol |
Asoc. Carballo Vivo |
Guntín |
AA.VV. Sta. Eulalia de Lousada |
Lugo |
Asociación Párkinson Lugo AFALU ASPNAIS ADACE LUGO ALUME COGAMI CRD FINGOI (Aula ocupacional) Asoc. Raiolas Lugo CAPACES Fundación Secretariado Xitano Fundación Juan Soñador AECC Cruz Roja Española en Lugo |
Portomarín |
AA.VV. De Vilar (Vilaxuste)
|
Rábade |
Asoc. Xubilados Rábade |
Ulloa |
|
Antas |
Asociación de veciños de Olveda |
Monterroso |
Taller Prelaboral Monterroso |
A Montaña |
|
Baleira |
UDP Baleira |
Baralla |
AS. OS MALUGREIROS As. Veciñal a Porta dos Ancares |
Becerreá |
Asociación de amas de casa Urugallo |
Cervantes |
C.D.R. Ancares |
Navia de Suarna |
Mulleres Rurais Ledicia |
Negueira de Muñiz |
|
As Nogais |
Asoc. Veciños Doncos |
Ribeira de Piquín |
Asoc. De Mulleres Rurais O Chao |
Lemos e Chantada |
|
Bóveda |
A Lagoa Asociación Veciñal San Bernardo Asociación Mm.Rr. Amencer Asociación San Cristobal De Martín |
Carballedo |
Asociación Mulleres Rurais De Carballedo |
Monforte De Lemos |
Afamon Auxilia Monforte |
Pobra De Brollón |
Ampa Brollón |
O Saviñao |
A.A.V.V. San Martiño De Vilelos Asociación Cultural Lavandeira |
Taboada |
A.V. Santa Mariña De Cerdeda Asociación Cultural MMRR Santa Lucía As. Cultural As Fachas A.V. San Xulián do Campo |
Sarria |
|
O Incio |
Asoc. Amigos do Patrimonio |
Láncara |
Asoc. Mulleres O Noso Lar (Pobra de San Xiao) |
Paradela |
Asoc. Cultural Castro de Rei de Lemos |
Samos |
COMPALGO-Fundación o Noso Lar |