Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Láncara conta coa 1ª pista deportiva para fútbol, baloncesto, voleibol ou bádminton grazas á Deputación

Láncara
Pobra de San Xiao
deporte
Pista polideportiva Láncara
Presidente e Alcalde supervisaron o estado desta instalación deportiva, que se situou na Pobra de San Xiao, concretamente no contorno de Valdriz, porque é unha primeira fase do proxecto de humanización a carón do río Neira que ten en marcha o Concello
O Alcalde explicou que “queremos que os nosos veciños desfruten desta fermosa zona verde do municipio. Por iso, as seguintes actuacións que tentaremos levar a cabo será a iluminación desta pista deportiva e o acondicionamento do paseo do río”

O Presidente apuntou que “témonos convertido na 1ª Deputación de Galicia e na 3ª de España que máis inviste en deporte por habitante. Somos con diferencia a institución que máis inviste en deporte na nosa provincia, triplicando o investimento da Xunta”

A pista multideportiva ocupa un espazo de 22x12 metros. Ten herba artificial e conta con porterías e canastras de baloncesto. Conta cunha rede móbil para permitir a práctica doutras modalidades deportivas como bádminton e voleibol

Os veciños de Láncara contan coa 1ª pista multideportiva deste Concello na que se pode practicar fútbol, baloncesto, voleibol ou bádminton, así como desenvolver torneos de diferentes modalidades deportivas. É un proxecto do Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, que se puido executar grazas ao apoio do Presidente da Deputación, Darío Campos, pois decidiu financialo cunha partida provincial de 50.000 euros. Ambos os dous supervisaron estas instalacións xunto a outros compañeiros.

O Alcalde explicou que “decidimos situar a primeira pista multideportiva do noso Concello na Pobra de San Xillao, concretamente no contorno de Valdriz, porque é unha primeira fase do proxecto de humanización deste espazo a carón do río Neira que temos en marcha dende o Concello para que os nosos veciños desfruten desta fermosa zona verde do municipio. As seguintes actuacións que queremos desenvolver consisten na iluminación da pista deportiva e no acondicionamento do paseo do río”.

O Presidente apuntou que “traballamos para ofrecer a todos os veciños da nosa provincia servizos públicos nos seus Concellos porque son necesarios e xustos para garantir a igualdade de oportunidades vivas onde vivas e combater o despoboamento demográfico. Ademais, apostamos pola promoción do deporte como un hábito de vida saudable. De feito, témonos convertido na 1ª Deputación de Galicia e na 3ª de España que máis inviste en deporte por habitante. Somos con diferencia a institución que máis inviste en deporte na nosa provincia, triplicando o investimento da Xunta cando é a administración coas competencia directas e ten un orzamento máis de 100 maior ao da Deputación. Pero máis alá das responsabilidades, para nós o primeiros son os nosos veciños e por iso traballamos por unha Deputación coas persoas, social e rural”.

Características da pista multideportiva
A pista multideportiva ocupa un espazo de 22x12 metros. Ten herba artificial e conta con porterías e canastras de baloncesto. Conta cunha rede interior móbil para permitir a práctica doutras modalidades deportivas como o bádminton e voleibol.